Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

24/05/14

"Números" - "Cores"


Que sorte ten a rapazallada máis pequena contar con este rato molón chamado Frederick que axuda a saber as Cores e os Números. Así é como Leo Lionni, en galego grazas a Kalandraka, pescuda con poesía o traballo de ambas facetas a base de textos rimados que non son independentes, senón que van fiando ou desfiando un nobelo numérico do 1 ao 10 mediante situacións cotiás ou tinguindo os ratos de diferentes cores asimilándoas aos estados de ánimo diferentes. Claro que esta editorial devólvenos estes textos con historia coidando todo, dende o formato en páxinas duras axeitadas para esas manciñas que os van suxeitar ata o resultado final do libro. Unha gozada ter este ratiño poeta e sabichón na casa!

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.