Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

06/05/14

O dragón que cambiaba de conto cada vez que esbirraba

El Patito Editorial tráenos a colaboración de Miguelanxo Prado e David Aceituno neste álbum ben divertido e cun título ben curto: O dragón que cambiaba de conto cada vez que esbirraba. Topamos un dragón coa enfermidade do século XXI: a alerxia. Pero esta afección tan común no dragón convértese en especial, xa que fai que cambie de conto. Encántame! As ilustracións, compróbadeo, do gran mestre entre os mestres, supoñen un afastamento do seu último traballo por ser un traballo para a infancia en lugar da secuencialidade comiqueira á que nos ten acostumados.. Os lectores e lectoras poderemos acompañar a este feble dragón por un periplo libresco que é toda unha invitación á lectura con recendo clásico ao non faltar os elementos primordiais: dragón, cabaleiro e princesa. Pero o cambio é drástico!



Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.