Encantoume esta proposta que vén de realizar An Alfaya da man da editorial Xerais con ilustracións de Fran Bueno: O fío vermello pertence á colección "Merlín". Dous irmáns e unha historia de cariño, de amizade e sobre todo de esperanza, de tenrura; asemade, unha reflexión sobre o innecesario ocultamento da realidade que moitas veces procuramos na infancia e que adoita traer máis dor. E mesmo, unha decisión que pretende asumir unha rebelión. Os personaxes vívidos, reais, chegan a emocionarnos; esta é unha das cualidades máis gozosas. E sobre todo o amor fraternal, inquebrantable, que tanto me gusta por razóns persoais. Pero tamén está a superación da dor, o enfrontamento e a loita cotiá ante unha situación que non se cre irreversible.
![]() |








1 comentario:
Canto me gusta An Alfaya, as historias que conta e a maneira de crear os personaxes.
Publicar un comentario