Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

29/06/14

¿De pie o de cabeza?

 








Álbum ilustrado de Sonia Pérez publicado por Thule que se le de xeito vertical: ¿De pie o de cabeza? é un libro que xoga coas ilustracións e a ambigüidade do texto. Dende a primeira afirmación: “Me encontré con un ser un poco extraño", podemos xirar o libro para tentar buscar unha solución ao enigma de que as cousas, ás veces, non son o que semellan. Porque o libro procura un divertimento de dobre perspectiva: quen é o ser realmente estraño? E quen é o que afirma isto, unha nena ou un monstro? Porque está claro que ambos poden ser os autores.
Tons delicados para unha ilustración case "naif" cunha fondura que procuramos nese sentir ou experimentar: a relatividade do que vemos, ou o que nós apreciamos. 







Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.