Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

10/06/14

Debuxos animados sexistas

'Monster High'

Os personaxes femininos das series de debuxos animados da televisión presentan mulleres consumistas, superficiais, ciumentas e obsesionadas polo seu aspecto físico e por agradar aos demais. Por se isto fose pouco, o seu papel está relegado case sempre ao de moza, mai ou acompañante do protagonista, ofrecendo un estereotipo negativo da muller. Esta é a conclusión á que chega un estudo realizado por investigadores do departamento de Debuxo da Universidade de Granada, despois de analizar 163 series que se emiten no país, con 621 personaxes que aparecen nelas.
A serie 'Monster High' é un exemplo. As protagonistas son mozas superficiais que van ao instituto en tacos e moi maquilladas que só se preocupan polos mozos.



Vía

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.