Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

30/06/14

Dous escritores, un afán

Nun prazo ben pequeno, pouco máis dunha semana, tiven a gran sorte de ser testemuña directa de dúas homenaxes que veñen de recibir dúas persoas que quero, dous escritores que admiro, dous lectores que aconsellan. Se a semana pasada Xabier Docampo plantaba unha cerdeira, esta semana Agustín Fernández Paz recibe o Premio Trasalba 2014. Ambos coinciden en moitas facetas vitais. Ambos medraron nun país que daba as costas a unha lingua que de súpeto souberon se podía escribir (e que non treme coa emoción cando os escoita: topar que esa lingua rural era tamén lingua de cultura!!!), ambos foron mestres preocupados polo ensino público, ambos escriben para formar un lectorado novo na nosa lingua e ambos defenden por riba de todo ese noso ben máis preciado. Como hai xente xorda que non escoita este latexar das súas sinceras palabras? Como hai aínda este menoscabo continuo á nosa propia riqueza? 
Xa sabedes que son ben dada ao estremecemento e á bágoa. Foron dúas ocasións nas que non puiden deixar de facelo. Que sorte ter estas figuras tan próximas entre nós! Que honor bicar a Historia con maiúsculas!
Déixovos o que teño: as dúas intervencións ocorridas o sábado pasado. Primeiro a intervención de Agustín, logo a de Docampo:








E tamén a fermosa Laudatio de Francisco Castro, vozarrón que convenceu:



Falta a intervención de Agustín Fernández Paz. Xa me gustará engadila nalgún momento! Con frases así:
 os galegofalantes temos a liberdade limitada».
«Preocúpanos o que está sucedendo no ensino, hoxe non é posible acadar a dobre competencia, a que permite a libre elección».
 «o pombeiro de esperanza para a lingua está na rede e en todas as súas iniciativas»,
 Florentino López Cuevillas «calquera traballo que emprendades en nome de Galicia, grande ou pequeno, duro ou livián, é sempre sementeira».

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.