Orixinal proposta
da editorial Galaxia, unha novela-disco con texto de Charo Pita, música de Xoán Curiel e ilustracións de Iván
R. : Estamos no verán!!! é un diario dun mozo que no verán é quen de realizar o seu soño, que non é
outro que ter un grupo de música. E como o verán está cheo de maxia e de
amizade, compartiremos a música co seu diario. Pero... volver ás aulas non é
tan malo! E así nolo deixará caer o noso protagonista.
Por tanto, este verán podemos ler e cantar ao mesmo tempo, cunha "banda sonora" onde bailaremos a ritmo de rock, blues, funky ou bossa nova, que de todo hai neste disco que acompaña o libro. Unha boa oferta para este verán, sen dúbida ningunha.
Teño que dicir que non me gusta nada o feito de presetar os alcumes de profesorado e alumnado como a cousa máis normal do mundo, cando sabemos que estes poden facer moito dano. Algo contra o que loitamos a cotío e que se presente aquí como un feito normal e ata delicioso non o creo beneficioso. Hai determinadas cousas nas que a sociedade debería poñerse de acordo e esta é unha delas. Os nomes están para algo e os alcumes adoitan evidenciar algunha eiva do individuo.





Sen comentarios
Publicar un comentario