Unha vez máis, ton informativo e reivindicativo neste marabilloso álbum ilustrado que nos propón a editorial Barbara Fiore: Fuera de juego. Matthias Sindelar, un héroe de su tiempo é de Fabrizio Silei (o mesmo autor do tamén imprescindible El autobús de Rosa) e Maurizio A. C. Quarello.
O libro sitúase na primavera de 1938, cando Alemaña ocupa Austria e decide festexar esta "reunificación" dos pobos xermánicos organizando un partido de fútbol amistoso entre as dúas seleccións nacionais. Neste partido xogará un dos mellores do fútbol austríaco, Matthias Sindelar. Con este partido, pasará a ser un heroe, porque a dignidade está por riba das persoas e personalismos e así decide demostralo el:"la única manera de
conservar algo es perdiéndolo todo" . O final, coñecendo un pouco sobre o nazismo, podedes maxinalo. Claro que eu non volo vou contar!
Sen comentarios
Publicar un comentario