Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

19/06/14

Los rascacielos

 












Do tándem formado por Germano Zullo e a ilustradora Albertine chéganos este álbum en formato alongado e ilustrado en branco e negro que publica Libros del Zorro Rojo: Los rascacielos, unha alegoría sobre a cobiza desmedida, a ambición e a prepotencia. Dous señores de nomes almirabados e rimbombantes da nobreza europa (genor-Agobar Poirier des Chapelles e Willigis Kittycly Junior) loitan por conseguir a casa máis alta e luxosa que un poida maxinar. Ese é o seu reto, e semella que o seu motivo de vida. As consecuencias de tanta pretensión teredas que buscala mesmo nas marxes do libro, unha filigrana de ilustración que merece que nos deteñamos un bo anaco na súa contemplación: cada disparate está ilustrado con detalle e fina ironía. A mensaxe final de esperanza devólvenos a ledicia coas árbores non preocpuadas polo tamaño, nin sequera por ocupar a páxina. Un recuncho élles suficiente.
Todo unha fábula moderna sobre o materialismo exacerbado dos nosos días. 

























Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.