Gustoume moito esta proposta poética da editorial Apuestas. La Bella Varsovia: Nueve nuevos poetas reúne nove voces poéticas de mozos e mozas que comezan a súa andaina literaria: Belén Benito, Ellen Capriota, María Ferreira, Álex Gil, María López Pousa, Sandra Martínez, Israel Padilla, Arturo Sánchez e María Sánchez. Gustáronme especialmente os poemas de María Ferreira, polo pouso e o sabor a denuncia que executan falando das diferenzas co mal chamado "Primeiro mundo";
El sexo en tierra de hambre es así.
Como un desarraigo
Como un no tener raíces,
ni referencias,
ni espacios comunes.
Como una seguridad absoluta
de que cuando me araña, araña a todo el mundo
occidental.
Como una creencia irreverente de que cuando
le beso,
estoy besando a su pueblo.
Entre estes nove poetas temos unha escritora galega, María López Pousa, que forma parte do grupo "Jóvenes sin talento2" e tamén quero destacar os poemas de Ellen Capriota pola súa contemporaneidade tecnolóxica:
no se puede
durar para siempre
con esta continua carga
y descarga
0 mensajes nuevos
y un guardar como
que puede cambiarlo todo





Sen comentarios
Publicar un comentario