De Hadis Lazar Gholami e Hamid Reza Akram é este álbum publicado por Thule: ¿Qué quieres, caracol? (en versión orixinal, aquí) é unha alegoría sobre a nosa propia procura material e a submisión ás modas, cun final aberto para que lectores e lectoras decidan se nos acoplamos e nos deixamos levar, conformándonos, ou non.
As ilustracións, un abano de cores e ledicias. Onde está o caracol protagonista? Buscádeo, quizais o topedes, aínda que non prometo nada. Porque o non sermos quen de identificar entre tanta cor e tanta figura xeométrica ao caracol dá unha idea nova sobre que calquera de nós podería selo. E por que non? Quizais esteamos a buscar algo que non nos convén.
Sen comentarios
Publicar un comentario