Xa gozaramos das aventuras amorosa de Rosa e Trufo hai un tempo grazas á editorial Thule. Volven agora cos problemas necesarios para pensar nunha posible separación -será o amor quen venza?- esta deliciosa parella de porquiños no álbum: Rosa y Trufo. Una vida juntos de Katja Reider e Jutta Bücker. Por suposto, seguimos a ter as dúas versións da historia, algo sempre necesario como ben sabemos na vida cotiá. Que ocorre cando vence a monotonía? Que pasa cando só vemos os defectos? Son superables os atrancos da vida en común? Será o amor quen venza sobre as infortunas palabras que ás veces pronunciamos sen deber nin sen querer.
Se non coñecedes a primeira entrega, xa podedes ir correndo a por ela. Se xa sabedes de que vai, este novo álbum encantaravos.
Sen comentarios
Publicar un comentario