Volve Maria Fumaça a regalarnos os oídos e recibímola coa ledicia do verán. Con ilustracións de P. Pastor e publicado por Galaxia, a locomotoroa máis marchosa é froito da colaboración de varios músicos grandes e pequenos que contaxian ledicia para facernos a viaxe máis curta. Tamén é importante saber que hai detrás, xa que é algo queda oculto: a historia de Rui, un neno que se emociona e canta con lingua de signos. E a voz de Uxía, única e marabillosa, un pracer escoitala sempre.
Fiuuuuú! Partimos de novo! Velaquí outra vez a locomotora da alegría coas máquinas de vapor preparadas para novas risas e aventuras. María Fumaça ten o cumbustible preciso para atravesar vales e montañas: o voso alento. (…)
Por iso, esta nova aventura, ademáis de divertirnos, móvenos e conmóvenos ata facernos capaces de imaxinar un mundo sen barreiras físicas e mentais, no que as discapacidades sexan unhas das moitas diferenzas máis que enriquecen a nosa vida e o noso planeta, sentirémonos afortunados e ditosos coa sensación grata da misión cumprida. Sabedes cal é o noso gran segredo? O máxico canto de Ruí.
Subir a María Fumaça supón sumar a vosa voz á de Ruí. Queremos o voso apoio para conseguir a dignidade, os dereitos e o benestar das persoas con discapacidades, ata lograr a súa integración en todos os aspectos da vida.




Sen comentarios
Publicar un comentario