Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

10/07/14

El Nao de Brown

 El nao de Brown portada
Publicado por Norma, xenial cómic de Glyn Dillon: El Nao de Brown fala da loita contra a loucura. A súa protagonista, Nao, sofre dunha desorde obsesiva compulsiva e converte esta obra nunha peza extraordinaria amosándonos o día a día desta moza que tenta loitar contra o seu propio transtorno, vendo o que pasa pola súa cabeza, a violencia desatada e reprimida, as obsesións, as súas relacións persoais e mesmo a súa faceta artística, intercalando textos de cómica que a protagonista está a construír. Un cómic esencial tanto polo texto como polo debuxo, dinámico, activo, sorprendente. "Poesía visual para inferno mental", lin por aí. Tal cal.
Ademais, ten un atractivo engadido: múltiples referencias á cultura xaponesa, xa que a protagonista é filla dun xaponés; por se fose pouco, traballa nunha tenda especializada en merchandising nipón vangardista. Coido asemade que o cómic ten influencias de artistas daquel país, sobre todo na historia que supostamente está a escribir a protagonista.
 


Nao_of_Brown_04







Fragmento de una ilustración de 'El Nao de Brown'

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.