Xenial este álbum que publica Thule, La auténtica historia de los tres cerditos por S. Lobo segundo lla contaron a Jon Scieszka e ilustrada por Lane Smith. O conto que coñecemos contado segundo a versión que non sabiamos, a do señor Lobo. E é que hai que coñecer todas as partes para logo nós cavilar en quen terá a razón. E a verdade que esta historia que nos conta o señor Lobo parece ben crible: el asegura que non foi culpa súa a fama que lle puxeron. E a verdade é que resulta ben convincente! Un álbum cheo de humor, divertido e sorprendente.
E de paso, practiquemos a empatía. A este lobo pásanlle moitas cousas, encariñámonos en el e entendémolo. E así, tamén repasamos a nosas propias crenzas, lembrándonos que o enverso e o reverso son igual de importantes aínda que diferentes.







Sen comentarios
Publicar un comentario