Gustavo Martín Garzo publica en Impedimenta La puerta de los pájaros con ilustracións de Pablo Auladell. Máxico conto sobre a fantasía, a liberdade, a simboloxía. A imaxinación ao poder nun relato fermosísimo que atrapa dende a primeira liña, nunha coidadísima edición que cómpre resaltar. Un libro para todas as idades que nos devolve a un mundo de fantasía, con princesas e seres mitolóxicos, con xitanos e magos. Que pode facer unha princesa cun unicornio? Cal é o poder deste? E ata onde chega o poder da maxia? Un fermoso libro que nos devolve o mellor da literatura infantil para facernos crer na maxia da palabra.






Sen comentarios
Publicar un comentario