Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

04/07/14

Mowgli


Volve Edelvives sorprendernos cun marabilloso álbum ilustrado, desta volta un clásico de Rudyard Kipling, quen publicou entre 1894 e 1895 o que coñecemos como O libro da selva. Mowgli conta coas ilustracións de Justine Brax e unha adaptación de Maxime Rovere. Unha delicia ler este clásico mentres gozamos deste gran formato ilustrado que me fixo revivir marabillosos momentos de lectura infantís.


1 comentario:

Anónimo dixo...

Outra chulada

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.