
Levaba un montón de tempo detrás deste libro e por fin conseguino. Da miña admirada Ana Juan, unha das mellores ilustradoras actuias, e da editorial Ediciones de Ponent, un álbum tráxico, unha dura versión do conto de Brancaneves: unha madrastra perversa, uns ananos explotadores, un príncipe violador e unha protagonista triste. As ilustracións, sobrecolledoras: negras e grises igual que o propio texto, alternándose páxinas de dobre ilustracións con outras de ilustración e texto. Impresionan dende a portada porque son absolutamente desgarradoras. Como o é a historia, desgraciadamente bastante máis crible que o conto edulcorado que coñecemos, porque o comportamento humano é así, ruín e escuro, coma o libro que temos nas mans.




Sen comentarios
Publicar un comentario