Despois da emotiva visita á casa de José Saramago en Lanzarote, lin este relato da súa autoría que aínda non estaba nos andeis da casa: El cuento de la isla desconocida publicado en español por Alfaguara. Un pequeno e breve conto que lle serve ao autor para facer unha crítica á sociedade. Sen nomes propios, o protagonista é O Home, terá que sufrir a xestión burocrática inicial para conseguir aquilo que quere, os seus ideais. Mediante unha situación absurda, vemos como aquilo que semella irrealizable pode chegar a ter sentido, mentres que sempre hai un espazo para o amor. Porque debemos seguir os ditados dos nosos instintos, do noso corazón, porque paga a pena loitar polo que de verdade queremos. Porque as pequenas cousas que ás veces non vemos nin temos en conta son realmente importantes e necesarias.
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
04/08/14
El cuento de la isla desconocida
Despois da emotiva visita á casa de José Saramago en Lanzarote, lin este relato da súa autoría que aínda non estaba nos andeis da casa: El cuento de la isla desconocida publicado en español por Alfaguara. Un pequeno e breve conto que lle serve ao autor para facer unha crítica á sociedade. Sen nomes propios, o protagonista é O Home, terá que sufrir a xestión burocrática inicial para conseguir aquilo que quere, os seus ideais. Mediante unha situación absurda, vemos como aquilo que semella irrealizable pode chegar a ter sentido, mentres que sempre hai un espazo para o amor. Porque debemos seguir os ditados dos nosos instintos, do noso corazón, porque paga a pena loitar polo que de verdade queremos. Porque as pequenas cousas que ás veces non vemos nin temos en conta son realmente importantes e necesarias.
Atoparalo en Lectura, Libros, Recomendamos
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Sen comentarios
Publicar un comentario