Publicado por Kókinos e con texto de Jorge Luján e ilustracións de Chiara Carrer, La Roca fala do poder da maxinación. Unha historia moi sinxela, contada con poucas palabras, palabras de poeta, que deixan o sentimento enigmático da concisión. Hai unha rocha que fala e que pregunta que foi antes de ser o que agora é. Da resposta dependerá que se siga adiante ou non. E esta semella ben sinxela... se tes imaxinación. O de menos, asemade, é a que lugar deixa paso, que é outro enigma para quen le. Por iso cómpre pechar os ollos e seguir. As ilustracións semellan un collage e son tamén moi suxestivas.
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
05/08/14
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Sen comentarios
Publicar un comentario