Gustoume este cómic que propón a editorial Norma: Las oscuras manos del olvido de Cava & Seguí. Resulta ser unha aproximación ao mundo do terrorismo vasco da man dun mafioso marsellés que quere saldar unha conta pendente, xa que lle fixo unha promesa de vinganza a un asasinado por ETA antes da súa morte. Así que daremos un paseo polo entramado terrorista, cos GAL polo medio, os Servicios de Intelixencia... As conexións que existen descubriraas pouco a pouco o noso personaxe protagonista. Ademais, o cómic cumpre unha función importante: dar voz ás persoas que foron vítimas da banda terrorista, non permitir que o lector esqueza que esta dor está aí e é real.
Chama a atención asemade o debuxo, a cor, os escenarios. E que dicir da portada? A min conquistoume dende a que vin: o médico da peste negra.
Chama a atención asemade o debuxo, a cor, os escenarios. E que dicir da portada? A min conquistoume dende a que vin: o médico da peste negra.
Sen comentarios
Publicar un comentario