Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

02/08/14

Mi casa azul



Gran álbum ilustrado con páxinas despregables e texto de Alain Serres con ilustracións de Edmée Cannard. Mi casa azul está publicado por Kókinos. O libro é en si mesmo unha explosión de cor, que vén asemade adquirida polo tamaño do álbum, con ilustracións que convidan a se perder nelas para mirar unha e outra vez, e para maxinar. Unha  sorprendente e fabulosa viaxe a través do Universo e do noso planeta, do máis grande ao máis pequeno, chegando nesa viaxe ata o corazón das persoas, establecendo un paralelismo entre o universo exterior e o persoal, ambos por explorar, ambos con azos de compartir. Ambos cheos de misterio.





Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.