Carme hoxe recoméndanos un libro ben descoñecido para min. Terémolo en conta, prezada amiga! Moitas grazas!
Elena Poniatovska, Premio Cervantes 2014, publica Querido Diego, te abraza Quiela
(Impedimenta, 2014). Unha novela epistolar conformada polas doce cartas que
recibe o artista mexicano Diego Rivera da súa compañeira durante dez anos,
Angelina Beloff, datadas entre
o 19 de outubro e o 22 de xullo de 1922.
Nai do seu fillo Diego, morto ao ano medio durante o cruento inverno parisiense
de 1917, esta muller, a quen el chamaba Quiela, foi unha pintura rusa exiliada,
quen tras verse soa na capital gala, escribe desesperadamente ao seu amado,
amosando unha relación de auténtica submisión, entrega e adoración por parte
dela e desprezo, humillación e abandono por parte del.
Un exemplo máis de como ela prioriza a carreira do home en detrimento da
súa, obnubilada por esa
capacidade creativa que, ás veces, parece dotar
aos artistas dun aura de superioridade sobre o resto dos mortais. Nada
novo baixo o sol: o talento desprovisto de humildade.
Indagando na rede sobre esta muller, Angelina
Petrouna resulta ser unha persoa dun talante liberal, avanzado e asombroso para
a época, como se observa na páxina 81 do libro: ““Pertenecía a una de esas
familias de la clase media que son la fuente del liberalismo y del radicalismo
en Rusia y mis propios padres me obligaron a tener una profesión. Al igual que
un hijo varón, tuve que prepararme, ejercer y saber trabajar. ¡Qué sabios eran,
porque al empujarme me estaban dando la clave de mi propia felicidad! El lograr
mi independencia económica ha sido una de las fuentes de mayor satisfacción y
me enorgullece haber sido una de las mujeres avanzadas de mi tiempo. Incluso cuando fui expulsada de la
Academia de Bellas Artes por participar en una huelga estudiantil, mis padres no perdieron su confianza en mi,
ni un reproche(...)”. Por
iso, aínda doe máis contemplar como o amor, cego ás veces, fai perder
toda a autoestima feminina,
anulando forzas e estragando dotes.
Sen comentarios
Publicar un comentario