Publicado por Edicións Embora, o libro de Suso Lista, Salseiros, é un conxunto de relatos rescatados do blogue do autor. A portada é ben chamativa: unha piragua navega sobre unha balea enorme. Sensación de Paz. De procurarmos un fío que una os relatos este será o do humor, mais tamén predomina o que deixa intuír sen dicilo abertamente. Porque hai sorpresas, esas intuicións que como a balea da portada permanecen máis ou menos ocultas pero sabémolas aí, no fondo da nosa consciencia. Deberemos axexar e estar atent@s á lectura entre liñas porque a ironía, a nosa retranca, viaxa entre liñas. Toparedes cans que se suicidan ou leóns esfameados, naufraxios e escenas cotiáns, conversas sobre o tempo, barcos que andan á mar, barcos no peirao, xente do mar e xente nosa. Porque esta xente é, á fin, a protagonista dos variados relatos que compoñen o libro.
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
30/08/14
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Sen comentarios
Publicar un comentario