Encantoume este cómic de Isabel Franc e Susanna Martín que publica Norma: Sansamba é unha reflexión e unha viaxe iniciática ao corazón de África. O cómic métenos de cheo nunha realidade terríbel, a inmigración. Unha crúa realidade que aínda agora nos destroza con cada imaxe e que tentamos borrar da nosa mente para vivirmos máis tranquilos. Unha realidade que afecta a moreas de persoas mentres nós, occidentais, desexamos obviala. A inmigración ilegal segue a ser un drama que afecta a centos de miles de sub-saharianos que prefiren arriscar a súa vida por unha hipotética vida mellor en Europa.
Un destes inmigrantes será o protagonista da historia que temos nas mans cando chama ao timbre dunha porta e esta ábrea Isabel Franc. Aí comeza o libro e a historia real, ambos nunhas páxinas que non deixan indiferente: nestas páxinas teremos ademais un caderno de viaxes, ese que a protagonista realiza a Sansamba para coñecer o lugar de onde provén este novo seu amigo. Así coñeceremos os costumes daquel lugar e como viven os seus habitantes. Esta viaxe será unha lección de humildade pero tamén de humanidade. Imposible evitar algunha bágoa.
O máis fermoso de todo é que o cómic fala dunha amizade. Dunha amizade especial que trascende as barreiras. O que podería ser unha relación "normal" convértese en atípica polas circunstancias persoais. Pero o mellor é que non hai dramatismo na historia. Non hai épica, só a realidade, a verdade consustancial das persoas. E iso redunda no poder do cómic. Porque é un cómic social, solidario, humano... e mesmo divertido.
E se o mercades, tamén hai solidariedade.

“Cuando llegó aquí, al principio, iba por las casas pidiendo trabajo y
un día llamó a mi puerta. Durante un tiempo fue
mi "jardinero senegalés", una joya porque era capaz de hacer cualquier
trabajillo en casa y nos divertíamos mucho. Así fue naciendo una amistad de esas que parecen imposibles:
él es hombre, negro, musulmán... yo mujer, mayor, blanca, sin filiación
religiosa... le ayudé a la hora de conseguir "los papeles" y para
agradecérmelo, me invitó a su casa en Sansamba, un pueblo perdido de la
Casamance. Conocer a su gente y compartir su cultura ha hecho que tenga una perspectiva vital diferente”.
1 comentario:
É parte do meu botín do Viñetas desde o Atlántico está en lista de agarda para as lecturas de agosto
Publicar un comentario