Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

07/09/14

A Segunda Lingua


Recibiu Yolanda Castaño o XI Premio de poesía Novacaixagalicia 2013 con este poemario, A Segunda Lingua, publicado polo centro PEN. Un libro que reflexiona sobre a nosa linuga, o feito de enfrontármonos ao mundo con ela, o feito de termos outras linguas, de nos cumprir usalas, de entendérmonos con xente de todo o mundo por medio da lingua a pesar das dificultades de comunicación, os malentendidos que poden xurdir. E a preocupación constante e artelladora da situación que vive a lingua de noso. A linguaxe como vértebra, como fundación, como referencia.
O día a día, as accións pequenas e cotiáns, están presentes nos versos que a autora nos deita baixo unha ollada irónica, xogando con dobres sentidos onde a poesía, a palabra escrita, a Palabra, é a protagonista. Asemade, hai lugar para o amor, para o erotismo, para o noso devir cotián. Pequenas chiscadelas para o mundo que nos rodea, a sociedade, a política, as desigualdades.




Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.