Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

01/09/14

Ante tus ojos

Demipage publica Ante tus ojos de François Matton, un cómic ben diferente, coido, por tratarse de contar historias diferentes, case inconexas, un voo de pensamentos, de ideas, de suxestións, a necesidade de compartir ese voo e plasmalo en imaxes e poucas palabras. Tan só nove viñetas por páxina, coma se dun poema ben medido se tratase, dando ritmo á composición. Con estas viñetas iremos no seu compás descubrindo o mundo, a vida e a morte, a soidade e a compañía, os sentimentos contraditorios, a necesidade de amar. Nos debuxos atoparemos dende os detalles máis ínfimos, cun zoom de alta capacidade, ata os inconmensurables, a fermosura do cotián que vivimos e ás veces esquecemos. Para iso hai artistas que nolo lembran.
Que temos diante dos ollos?

 

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.