Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

25/09/14

La luna se olvidó

978-84-15208-49-5_g
É imposible non achegarse aos libros de Jimmy Liao. Descubrir cada un é namorar novamente. Desta volta, sempre da man de Barbara Fiore, o título que nos propón é La luna se olvidó; novamente, estamos ante eses ramalazos de poesía filosófica que son tan comúns neste autor. Páxinas cheas de ilustracións que amosan ledicia, tristura, inquedanza, misterio... Por que non está a Lúa no seu lugar? Por que só hai silencio e desolación sen ela? Só permanece a soidade máis absoluta sen a nosa Lúa? Para onde mirar?
Pero a Lúa, cálida, desmemoriada, ten una amigo. E o silencio do mundo convértese en ruído alegre cando están xuntos. Porque ese neno quere a Lúa para si só. E ela, enfeitizada, esquece quen é.
Aínda así, o texto queda coxo, coido que lle falta profundar algo nalgunhas cuestións que se presentan. Son as ilustracións quen salvan literalmente o libro. 
Fixádevos na presenza do gran Maurice Sendak a través do protagonista e do seu maxín.





luna_1160-4
.
F
luna-1
luna-2


978-84-15208-49-5i4


978-84-15208-49-5i5

luna-3



Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.