Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

06/09/14

Las Bellas Extranjeras

Volve Impedimenta a sorprendernos gratamente cun libro para min case descoñecido: Las Bellas Extranjeras de Mircea Cartarescu, tres relatos que conseguen arrincar un sorriso, un riso, unha gargallada, por medio da autoburla, cun relato principal -o que dá título ao libro- e outros dous máis curtos. Pero os tres teñen en común ese aspecto humorístico de rirse de si mesmo, de regodearse na súa propia insignificancia, xa que semella que o autor sexa consciente de que pertence a un mundo literario que para nós é ben descoñecido, pero ese é o seu traballo: escribir.
Os tres relatos teñen en común, asemade, que parten de sucesos que son reais, que viviu o autor, protagonista tamén deles. Claro que estas vivencias estarán distorsionadas en pos do exercicio literario. O autor quere rir e facer rir e colócase a si mesmo no punto de mira, case como caricatura, sen pudor. Pero atuando ao interlocutor, é dicir, nós.

"Querida lectora, amado lector:
     Me habría gustado escribir en la primera página de este volumen algo así como "Vedado a aquellos que carezcan de sentido del humor", pero en seguida me lo pensé mejor. Semejantes sutiles alusiones suelen provocar más aún a los aludidos. Hace tan solo un par de años, una amiga abrió su libro con la advertencia "Vedado a tontos de toda clase" y la consecuencia fue que precisamente unos cuantos se apresuraron a saltar la valla y pisotear los parterres con flores de su casa. Puesto que aquellos que no tienen sentido del humor son más o menos los mismos, prefiero abstenerme de azuzarlos en balde."

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.