Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

16/09/14

No hace mucho tiempo


Barbara Fiore é a encargada de agasallar este país coas ilustracións de Jimmy Liao. Hai uns meses publicou este volume, No hace mucho tiempo, unha compilación de ilustracións que Jimmy Liao publicara na prensa entre os anos 2000 e 2002. O porqué deste volume explícao o autor: quere lembrar, non esquecer os bos momentos, xa que somos conscientes de que moitos marchan de paso. A maneira que ten o noso autor de conservalos é por medio das súas ilustracións. Unhas ilustracións, por certo, en branco e negro. Ademais de ilustracións, de cando en vez, engade breves fragmentos autobiográficos onde nos explica que significa para el o seu traballo, como chegou ata aí, como gozar del...
Volvemos a estar ante un libro de poesía, poesía visual onde estamos ante algo máis que ante un catálogo de postais, senón que podemos pasear polas ilustracións gozando do paso do tempo, de cada unha delas, da sensibilidade do autor, da súa confesión.


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.