Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

21/09/14

Non á violencia contra as mulleres (CCCLXXIX)

A cultura da violación rodéanos, témola tan interiorizada que non nos percatamos do que realmente é. Podémola escoitar cantada, anunciada, facendo bromas con ela. A súa aceptación supón trivializada, de xeito que cando ocorre a culpa recae na vítima. Estamos nunha sociedade onde muller é unha cousa, un obxecto que debe satisfacer os desexos alleos.
Os medios de comunicación e a publicidade son os principais responsables de presentar a muller como un complemento. O documental Miss Representation  reflicte como a muller, o seu corpo está ao servizo dos homes. Gran parte destes produtos televisivos van dirixidos a adolescentes, transmitíndolles a perigosa mensaxe de que o corpo da muller é unha provoación que convida.





Vía

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.