Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

28/09/14

Tanto Como

Unha das novidades que nos ofrece a editorial Kalandraka é este sorprendente Tanto Como que nos lembra que os perfumes veñen en envases pequenos. Porque este pequeno álbum é toda unha xoia a gardar en lugar seguro. Os responsables son Eugénio Roda e Gémeo Luís: un exercicio de sensibilidade despregado en imaxes máxicas, case paradoxos, siluetas que marcan esencias, delicadeza visual case xeométrica, liberdade imaxinativa a carón de pequenos textos que convidan á reflexión, que paran en palabras para seren revisitadas na súa definición, que procuran novas posibilidades de interpretación. Cada un de nós terá que catalogar e ler á súa maneira, porque o texto ofrécenos mil e unha posibilidades coas que xogar.
Porque as palabras son un xogo, o texto un experimento, a creación un poder. Ou un desafío.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.