Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

19/10/14

El otro lado


Encantoume este álbum-xogo visual que nos propón Istvan Banyai en Fondo de Cultura Económica: El otro lado ofrece unha dobre visión das ilustracións nun libro case sen palabras. A cara oposta de cada páxina impar contén unha ilustración que se pode considerar unha visión realista ou maxinativa ou surrealista dende o "outro lado"; as escenas, ademais, vanse enlazando unhas con outras con asociacións de formas visuais, ou ronseis, ou personaxes comúns, ou cando un pequeno detalle convértese nunha escena completa...

Ademais, o libro pode "lerse" de adiante-atrás igual que de atrás-adiante, e a cuberta e a contracuberta son complementarias. Un álbum intelixente para mirar e remirar pola necesidade de colocar cada cousa no seu contexto, polo valor da visión de conxunto, a existencia de pequenos mundos dentro doutros mundo... un sinfín de detalles.





Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.