Cando hai uns días a comercial de Edelvives me ensinou este libro nun bar, perdín a compostura e berrei un "ohhhh" atronador. Seica sufrín un "orgasmo literario". En fin. O máis impactante deste libro non son as xa consabidas e coñecidas ilustracións de Benjamin Lacombe, unhas ilustracións que, a verdade, nos recordan en demasía as súas anteriores ilustracións de Los amantes mariposa. Non, o que máis nos gusta deste Madama Butterfly é a súa edición: un despregable de dez metros (e eu pensando que o meu corredor era longo!) que resulta totalmente abraiante: un biombo que é un fresco debuxado en lapis e acuarela que non cansarás de mirar. Isto fai que este libro non sexa tan só unha alfaia, senón que é un obxecto de culto.
A historia é unha reinterpretación da historia de Madame Butterfly, na voz dun Pinkerton a quen atormentan os remordementos.
Unha mágoa que a editorial non se digne a publicar na nosa lingua. Sería perfecta!
Unha mágoa que a editorial non se digne a publicar na nosa lingua. Sería perfecta!
Sen comentarios
Publicar un comentario