Unha das marabillas recuperadas pola editorial Kalandraka é este O homiño vestido de gris e outros contos de Fernando Alonso con ilustracións de Ulises
Wensell; oito relatos cheos de poesía que falan de temas intemporais: o valor da palabra, a solidariedade, a tenrura, o amor, a xustiza, a liberdade... O que máis sorprende destes relatos é a súa delicada beleza dentro dun discurso enigmático que foxe desa linguaxe politicamente correcta que tantas veces impregna a literatura infantil.
As ilustracións son asemade exemplares, case expresionistas, e tamén cheas de lirismo.
A verdade é que resulta imposible ler o primeiro relato e non seguir. A mágoa é que sexan tan só oito.
Sen comentarios
Publicar un comentario