Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

01/10/14

Ojalá pudiera formular un deseo

O último de Jimmy Liao vai de desexos, de desexos que se piden, de desexos que están ocultos, de desexos que se piden, de desexos que se formulan. Da man, unha vez máis, da editorial Barbara Fiore, volveremos deleitarnos con texto e ilustración do gran mestre Jimmy Liao en Ojalá pudiera formular un deseo. A eterna pregunta: que desexamos de verdade? Cal é o noso máis íntimo desexo? E arredor destas preguntas xira a excepcionalidade do libro, das ilustracións, do texto, da intimidade que supón desexar algo e non poder contalo. Porque este autor sempre nos lembra que cando nos facemos maiores esquecemos ata a sensibilidade,  o altruísmo, a persecución dos verdadeiros desexos e a esperanza de cumprilos. Un autor que en ningún momento permite confundir desexo e soño, xa que os desexos son tanxibles, ás veces, mesmo dolorosos. Pero nada é imposible. Como é imposible non soñar cando pechamos un libro deste autor.






Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.