Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

08/10/14

Vidas Desafiuzadas

En España, unha familia é desafiuzada cada 15 minutos porque non pode facer fronte á súa hipoteca ou aluguer. Este documental presenta esa realidade no contexto da sociedade galega, contando as historias das familias que perderon a súa vivenda e analizando os porqués desta situación. Pobreza, mobilizacións sociais e unha resposta polo de agora insuficiente por parte dos gobernos son os elementos deste problema que está condenando a centos de familias á exclusión social.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.