Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

16/11/14

Buscando Haikus

Ando con haikus esta temporada! Así que, que mellor lectura que este Buscando Haikus de Fran Nuño que publica Voces de tinta. Oitenta haikus que, asegura o autor, son base para obradoiros de iniciación á lectura e á creación de haikus. Haikus clásicos que falan deses pequenos detalles que poderían pasar desapercibidos nos nosos paseos, tanto pola cidade coma polo campo, pero que a ollada atenta de Fran Nuño e a súa pluma non permite que fuxan para apresalos en tres versos de emoción contida.


El árbol podan,
atreverse a posarse
ni un solo pájaro.

Lento paseo,
se cruza en mi camino
un caracol.

El viejo ombú
con las ramas su sombra
casi rozando.

Llena de lluvia
la piscina del niño,
dos gatos beben.

1 comentario:

María Jesús dixo...

A parte dos xaponeses que, como non podía ser doutra maneira, son os mellores, a min tamén me gustan moito os de Benedetti.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.