Pere Tobaruela e Andrés Meixide son os autores da nova serie Formig4s que publica a editorial Xerais. Unha gran proposta, por certo, para ese lectorado que non é infantil de todo e que tampouco é adolescente, e que andaba falto de lecturas apropiadas na nosa lingua. Unha serie que está protagonizada por unhas figuras humanizadas que se converterán nos heroes da historia a medida que esta avance e vaian resolvendo conflitos (xa que estamos ante unha novela de aventuras case policíaca). O que podemos resaltar é ante todo a combinación perfecta de texto, ilustración e banda deseñada (sen palabras), o uso de diferentes tipografías, a lectura áxil... unha serie que, de seguro, vai gustar.
Ademais, poderemos viaxar da man destes intrépidos personaxes por grandes cidades como son París -na primeira entrega- e Nova York -na segunda-.
Coido que é unha serie moi recomendada no ensino para facer lectores e lectoras en momentos de decaemento e que contribuirá a formar hábitos lectores pola súa axilidade e maxinación ben artellada.

Sen comentarios
Publicar un comentario