Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

06/11/14

Ícaro

Dobre función nesta entrada: falar desta marabilla de libro que vén de gañar o VII Premio Compostela de Ilustración e o acto de entrega do premio. Saberedes xa que estou a falar de Ícaro de Federico Delicado, un álbum que publica Kalandraka e que non vos deixará indiferente. Se a ilsutración abraia, o texto aínda o fará máis: u-la realidade, u-la ficción? É hora de botar a voar? Kafka e Hopper estarían orgullosos do seu legado en forma de álbum, un libro para ler e reler, porque como o propio autor dixo, foron os personaxes quen encargaron ao autor que escribise este texto e o ilsutrase. Liberdade alegórica, liberdade real, liberdade fantástica... na procura da nosa propia liberdade andamos e andaremos. Porque precisamos fuxir co noso maxín e queremos procurar outros continentes inexistentes onde refuxiarnos, este libro metafórico é un magnífico regalo.
Por outra parte, falar do acto de presentación, absolutamente fantástico e ben medido. Xosé Ballesteros leunos un discurso para rememorar, onde fala de liberdade, de música, de poética, do ben e do mal e da fuxida necesaria dunha realidade que abafa. Logo, a música. Música de arpa e voz harmónica para colocar un broche de ouro ao acto. E topar alí amigos. Que máis se pode pedir?


Tamén vos deixo a canción coa que Bastelleron relacionou o texto:

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.