Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

10/11/14

Marcopola: Dragoneta!

Celebro a edición deste cómic en galego para a infancia: non sei se hai máis, eu non os coñezo. Ogallá cunda o exemplo!
Jacobo Fernández Serrano realiza unha nova entrega das aventuras desta Illa Remeira que publica Xerais: Marcopola. Dragoneta! preséntanos a Illa e a Libro nunha nova aventura con dragón incluído. Claro que este dragón ten un corazón parlanchín para dar sabios consellos, así que non nos preocupemos. Porque ata os seres máis malos teñen conciencia... ou non?


E como a min gústanme moito estes libros, preguntei nun cole amigo que tal funcionan entre a rapazallada e cofirmoumo: teñen éxito. E é que non podía ser doutro xeito.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.