Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

09/11/14

Quen falta?

Quen falta? é un libro necesario. Necesario nas escolas, nas casas, nas bibliotecas. Necesario para que os nenos e as nenas coñezas o que o ser humano é quen de facer, sen mirar atrás. Necesario para subsanar erros. Necesario para que non se repita a historia. Necesario para que non desaparezan máis especies: porque iso si aínda pode evitarse.
Arianna Papini realiza, dende o meu punto de vista, un álbum imprescindible, que vén de publicar Kalandraka: Quen falta? dá voz a animais que se extinguiron pola acción irresponsable e egoísta do home. De aí ese título tan apropiado, que nos lembra que non sobra ninguén deste mundo e que non debemos permitir que siga a suceder.


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.