ti, cantos outros
é cando o vemos por vez primeira.
Foi o día o feliz traballo da luz
e rematada a xornada volve á súa casa.
Esforzouse da mañá ata a última hora
en tenderse no aire como roupa dos feitos,
coa pulcra gramática do deporte radiante
que practica o mundo para dicirse a si mesmo.
A bogada secou. Un home
recolleuna, cantando mentres o facía.
Por iso algún neno brincaba cerca.
Nas súas mans
as sabas estaban limpas e envurulladas
coma outras mans limpas.
Sobre da cama desfeita durme.
A morte é unha cor pobre
que non coñece porque lle quedou por
imaxinar cando o imaxinou todo.
Entrando pola bufarda
deita nel a raxeira da madrugada.
Soña que el é a luz, e di:
eu son a última vez que me vou ver.
Un eco reclama: eu son outros.
O galo canta: ti e cantos que es ti.
Jesús Castro Yáñez
Sen comentarios
Publicar un comentario