Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

14/12/14

Abuelas. Manual de instrucciones

Raquel Díaz Reguera volve cun muestrario, desta volta repite coas avoas, pero para nos dar un Manual de instrucciones, publicado por Lumen. Avoas modernas, súper, fadas, pero moi de hoxe en día, todas elas deliciosas e imprescindibles. Que hai máis importante que unha avoa sempre disposta a xogar, a axudar, a estar aí??? Elas posúen remedios infalibles e farían calquera cousa polos seus netos e netas. Teñen un corazón enorme e sabes xogos que agora están esquecidos. O álbum ata engade un pequeno dicionario para enterdémonos mellor, xa que as avoas, ás veces, usan algunhas palabras que ninguén máis utiliza hoxe en día.








Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.