Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

09/12/14

Balada del consentimiento a este mundo

Balada del consentimiento a este mundo, texto de Bertolt Brecht con ilustracións de Henning Wagernbreth vén de ser publicado por Libros del Zorro Rojo: versos imprescindibles de feroz crítica ao sistema, cun recurso empregado en todo o libro, a ironía. Unha sátira que non pasa de moda, que segue a ser actual, que nos lembra o noso propio silencio, o "consentimento" a que sigan a acorrer inxustizas sociais. Porque nós, coma o narrador, aceptamos serenamente o que acontece sen nos preocupar nada máis que polo noso propio benestar.
Un texto contra todos os estamentos sociais: políticos,  militares, xuíces, policías e intelectuais, ninguén sae libre dos dardos poéticos e contundentes dun autor que segue vixente oitenta anos despois.



«Como detesto bajezas y necesidades
mi arte no tiene aprobación en este tiempo.
Porque a la mugre de vuestro mundo de maldades
le hace falta —lo sé— mi consentimiento».


















































Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.