Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

11/12/14

El intenso calor de la luna

O último libro de Gioconda Belli titúlase El intenso calor de la luna e está publicado por Seix Barral. Coñecela o outro día foi unha experiencia ben enriquecedora e interesante, polo que estaba desexando atacar este libro. E foi ben doado devoralo, xaora! Pero teño que dicir que me defraudou nalgúns momentos, e iso fastídiame ben. Demasiado evidente, demasiado folletinesco. Pero ten moitas virtudes, como representar o pensamento da muller, no seu autocoñecemento explorando a identidade feminina na súa madureza. O que a autora pretendía e conségueo é desmontar a crenza de que só na xuventude se pode ser feliz, de que a menopausia indica o declive da muller, de que vivir é unha continua e novidosa sorpresa. Porque o libro transmite esperanza, e achega a posibilidade de que a muller poida reiventarse, sempre que o necesite ou desexe. A novela gaña cando se afasta de tópico e perfeccións: eses personaxes tan marabillosos fisicamente, esa madurez tan ben levada, eses quilos que case non se notan, esa sensualidade do mozo.... buffff; porén, aborda outros temas marabillosamente ben como a infidelidade ou a decadencia matrimonial.
Así que é unha lectura fácil, rápida, que deixa un sabor de boca agridoce. Eu agardaba máis, a verdade. E ben que o sinto.




Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.