Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

15/12/14

El lago de los cisnes

Este libro que nos ofrece Thule entre as súas novidades e que xa é considerado como un dos mellores álbums do 2014 é, realmente, espectacular. A autora de El lago de los cisnes é Charlotte Gastau, quen realiza un fascinante álbum con exquisitos debuxos en azul e bronce. A lenda, claro está, baséase no libro do célebre ballet de Chaikovski: un príncipe soña co amor, pero os seus pais, que queren casalo, organizan un baile para as doncelas máis fermosas. Entre elas terá que elixir a súa futura esposa. Pero el foxe ao bosque e detense nun lago, onde aparecerá unha fermosa moza vestida con plumaxe branca...




Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.