Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

16/12/14

El libro de las camas

Un libro imprescindible da Literatura Infantil e Xuvenil é esta marabilla escrita por Sylvia Plath e ilustrada por Quentin Blake que rescata arestora Libros del Zorro Rojo: un divertido catálogo de camas... pensabades que a cama é só para durmir? Que equivocados estabades! As camas serven para xogar porque hai camas robot, camas restaurante, camas cohete, camas circo, camas tanque, camas elefante... todo un catálogo por descubrir, en verso. Unha homenaxe á fantasía.

 «La mayoría son Camas
para dormir o descansar,
pero las mejores Camas
sirven también para disfrutar.

¿Para qué solo una Camita
acogedora y abrigada
donde pasar la noche
con la luz apagada?».



Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.