Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

03/12/14

La cata

Nórdica proponnos esta lectura suxestiva de Roald Dahl acompañada dunhas ilustracións que para min son extraordinarias, asinadas por Iban Barrenetxea: La cata é un relato deste autor que é un imprescindible, como acabará séndoo este libro. Un reto trampulleiro, un humor retorto, e unha sutil ironía conxugaranse para constituír un relato delicioso que se converte arestora nun libro obxecto de culto. Nel, as mulleres en segundo plano, e cobiza e o desprezo pola sensatez e o amor propio serán verdadeiros protagonistas, nun retrato social que podemos trasladar con naturalidade á sociedade actual. O ilustrador realiza unha ducida de dobres páxinas nas que caricaturiza prudentemento os persoanxes do conto cargándoos desa atmosfera británica inconfundible.

Mirade que anfitrión vos agarda:
“…era agiotista en el mercado de valores y, como muchos de su clase, parecía algo incómodo, casi avergonzado, por haber ganado tanto dinero con tan poco talento”.
  “En el fondo de su corazón sabía que no era más que un corredor de apuestas –un corredor de apuestas empalagoso, infinitamente respetable y secretamente corrupto-, y sabía que sus amigos también lo sabían. Así que ahora estaba tratando de convertirse en un hombre culto, cultivar un gusto literario y estético, coleccionar cuadros, discos, libros y todo lo demás. Su pequeño sermón sobre el vino del Rin y el Mosela formaba parte de aquello, de esa cultura que anhelaba”

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.