Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

07/12/14

Nace "Criaturas"

Un día de verán recibín unha chamada. Era Ledicia Costas. Que raro! E empezou a contarme non sei que dun proxecto que tiña con Daniel Landesa, sobre unha revista... Tardei en entender que me estaba propoñendo. Eu? Formar parte do seu proxecto? Do consello editorial? Que atrevida é esta moza, pensei: Que pinto eu aí? Pero ela insistiu. E, claro está, dicir que non a esa dozura leda de voz telefónica era imposible. Así que asentín. 
E comezou un novo curso, un novo centro, un tamaño de centro ao que eu non estou acostumada, a biblioteca, o expurgo, as actividades... así que o proxecto foi ficando gardado mentres os correos ían amontoándose sen seren lidos. Cando quixen, era imposible entender nada. Así que o teléfono foi mellor.  E aí chegou a miña encomenda. 
E aquí estamos. Tedes nas mans a primeira revista dixital de Literatura Infantil e Xuvenil Galega. Para min constitúe un honor inmerecido estar con ela. Debo dar as grazas a quen así o suxeriu. E só me queda calar para que fale a revista... porque, que ben fala!!!:

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.